Miracles from Heaven | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Patricia Riggen |
Produtor | DeVon Franklin T. D. Jakes Joe Roth |
Guión | Randy Brown |
Baseado en | Miracles from Heaven de Christy Beam |
Intérpretes | Jennifer Garner Martin Henderson Kylie Rogers Eugenio Derbez Queen Latifah |
Música | Carlo Siliotto |
Fotografía | Checco Varese |
Montaxe | Emma E. Hickox |
Estudio | Affirm Films Roth Films Franklin Entertainment Sony Pictures Entertainment |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | 16 de marzo de 2016 |
Duración | 109 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $13 000 000[2] |
Recadación | $73 600 000[3] |
Na rede | |
http://www.miraclesfromheaven-movie.com/ | |
|
Miracles from Heaven é un filme estadounidense de drama cristián dirixido por Patricia Riggen que se estreou no 2016. Escrito por Randy Brown, baséase no libro homónimo de Christy Beam, no cal conta a historia real da súa filla, que tivo unha experiencia achegada á morte e que despois puido recuperarse dunha doenza incurable. O filme está protagonizado por Jennifer Garner, Kylie Rogers, Martin Henderson, John Carroll Lynch, Eugenio Derbez e Queen Latifah. A rodaxe principal realizouse en Atlanta, Xeorxia en xullo de 2015. Foi estreado o 16 de marzo de 2016 por Columbia Pictures.